24 de out. de 2016

COMUNICADO DA FANPA Pontevedra: Notas sobre o dereito á folga dos menores


Prezados membros das Xuntas Directivas.

Ante a aparición de notas de advertencia" nalgún centro sobre as "responsabilidades" das nais e pais na xornada de protesta pola implantación da LOMCE, temos que precisar algúns detalles

- Chamámoslle folga porque se trata de utilizar a inasistencia dos alumnos como expresión, como signo de protesta ante a imposición das reválidas como aspecto concreto respecto da protestada LOMCE. Os alumnos non fan folga porque ese é un dereito "laboral". Os profesores que a apoian, si.

- As nais e pais, en exercicio dos nosos dereitos cívicos e como tutores de menores temos dereito en calquera caso a tomar esta acción, naturalmente baixo a nosa responsabilidade. É un dereito democrático, positivo e pon en valor precisamente a responsabilidade e preocupación dos pais.

- O dereito dos nosos fillos a manifestar a protesta por este medio está recollido xa na LOE do ano 1985 da seguinte maneira:

Artigo 8
...los centros educativos establecerán, al elaborar sus normas de organización y funcionamiento, las condiciones en las que sus alumnos pueden ejercer este derecho. En los términos que establezcan las Administraciones educativas, las decisiones colectivas que adopten los alumnos, a partir del tercer curso de la educación secundaria
obligatoria, con respecto a la asistencia a clase no tendrán la consideración de faltas de conducta ni serán objeto de sanción, cuando éstas hayan sido resultado del ejercicio del derecho de reunión y sean comunicadas previamente a la dirección del centro.

- Este dereito foi ratificado e ampliado, no sentido de que para os maiores de 14 anos non se necesita consentemento paterno,  pola sentenza do Tribunal Supremo que recoñece "NO CABE SOMETER A AUTORIZACIÓN PREVIA DE LOS PADRES EL DERECHO DE LOS ALUMNOS A PARTIR DE 3º DE LA ESO DE DECIDIR COLECTIVAMENTE LA INASISTENCIA A CLASE."

- Este dereito á inasistencia está en Galicia desenvolvido polo Decreto 8/2015 referido á Lei 4/2011, de 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar:

Artículo 18. Normas de organización y funcionamiento 3. Establecerán los procedimientos de comunicación a las familias de las faltas de asistencia del alumnado a las clases y las correspondientes autorizaciones o justificaciones para los casos de ausencia cuando estos o estas sean menores de edad no emancipados/as.

En resumo,

- Os maiores de 14 anos, a partir de 3º de ESO teñen dereito a decidir por si mesmos e de maneira colectiva non asistir como medio de protesta (lembramos a convocatoria do Sindicato de Estudantes). Aínda así, é conveniente xustificar a súa ausencia.
- No resto dos casos, os menores poden non asistir, a criterio das nais e pais
- Recoméndase remitir unha comunicación individual de cada un dos nosos fillos na que os pais xustifican a súa inasistencia, conforme os modelos elaborados para que aínda que o centro queira facer constar a falta de asistencia, non poidan ser obxecto de sancións, xa que estaría xustificada.
- Recoméndase que as propias ANPA remitan unha comunicación ao Centro no sentido de solicitar que non se realicen "avances" nin exames de materia ese día, en respecto ao dereito de participación nesta convocatoria.
- Non é en absoluto necesario que o centro nos "lembre" que somos responsables dos nosos fillos e que o centro non se responsabiliza das súa participación en concentracións ou manifestacións fóra do centro
escolar.

Engadimos de novo, enlace, a os modelos de documentos propostos.


FANPA


P.D
Lembramos que o Congreso acaba de rexeitar o veto do Goberno e que
seguirá tramitando a suspensión da LOMCE

21 de out. de 2016


CONCENTRACIÓN NON A LOMCE



Modelos de Documentos xustficacion folga 26 de outubro

CHARLA -COLOQUIO

O presidente de CEAPA ofrece unha charla-coloquio en Pontevedra sobre deberes e o modelo educativo 20 OUTUBRO, 2016 O vindeiro venres, 28 de outubro, ás 19:00 horas no Hotel Galicia Palace de Pontevedra, José Luís Pazos, como presidente de CEAPA e membro da Comisión Permanente do Consello Escolar do Estado ofrece un coloquio sobre a campaña “Falta unha asignatura: o meu tempo libre”. A charla está Dirixida a todos os axentes no ámbito da educación: nais e pais, profesores, alumnos e autoridades. 
http://www.nontedurmas.org/fanpa/o-presidente-de-ceapa-ofrece-unha-charla-coloquio-en-pontevedra-sobre-deberes-e-o-modelo-educativo/

18 de out. de 2016

CEAPA publica modelos de documentos de xustificación cara a folga do 26 de outubro


CEAPA publica modelos de documentos de xustificación cara a folga do 26 de outubro

1.    Son un modelo pedagóxico arcaico. As reválidas son a expresión dun modelo pedagóxico  baseado nunha sucesión continua de exames configurados como barreiras que pretenden impedir á maior cantidade posible de alumnado que poida exercer o dereito á educación. Foron eliminadas no noso país en 1970 por ser consideradas unha nefasta práctica que impedía a permanencia na educación da maioría do alumnado.
2.    Os nosos fillos e fillas quedan fóra do sistema educativo. As reválidas terán como consecuencia directa que unha boa parte do alumnado, aínda que teña todos os cursos superados, quede fóra do sistema educativo. Sen títulos aos que ten dereito, o seu futuro académico e laboral verase gravemente afectado.
3.    Deslexitiman ao docente. As reválidas supoñen a deslixitimación do docente e o cuestionamento total da súa avaliación continua. A súa función queda minusvalorada e posta en cuestión ata que un exame externo corrobore, se é que o fai, que a súa avaliación é correcta. Ademais, fan empregar un tempo valioso na súa preparación, obrigando a desvirtuar os obxectivos primordiais da educación.

Oficina de seguridad del internauta.

Una gran web oficial con múltiples herramientas de seguridad en Internet.

https://www.osi.es/

COMUNICADO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA


A FANPA acordou na súa Xunta Directiva sumarse á convocatoria de folga
realizada polos alumnos xunto con CONFAPA-GALICIA e CEAPA

Ás Xuntas Directivas das ANPA federadas

Xunto remito a Declaración acordada e publicada o día 10 de novembro
pola Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, e presentada
na Rolda de Prensa celebrada ese mesmo día, en Santiago de Compostela.

Pregamos a máxima difusión entre as familias e nas web e redes sociais
co fin de acadar unha boa e contundente resposta na Xornada contra as
Reválidas, a Lomce e pola reversión dos recortes no Ensino Público.

Xunto á convocatoria de folga do alumnado, dende as Federacións e
ANPAs temos que conseguir que as familias baleiren as aulas non
levando aos seus fillos e fillas a clase nesa data e a participar
activamente nas concentracións convocadas nas cidades galegas.

FANPA

P.D.
Estamos á vosa disposición para consulta ou información que
necesitedes comunicar.




6 de out. de 2016

CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA







Pola presente convócase a tódolos pais, nais, titores/as de alumnos pertencentes ao ANPA deste Instituto á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que se celebrará no Paraninfo do I.E.S. o próximo martes 25 de outubro, ás 20,00 horas en primeira convocatoria e ás 20,15 en segunda, coa seguinte ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
2. Memoria curso anterior.
3. Proxecto de actividades
4. Lectura e aprobación, se procede, das contas do curso 2015/2016.
5. Orzamento do curso 2016/2017
6. Novas incorporacións á Xunta Directiva.
7. Quenda aberta ás palabras.

PONTEVEDRA 5 DE OUTUBRO DE 2016


Se desexa recibir información das actividades da ANPA e outras novas no seu correo electrónico pode subscribirse ao noso blog http://anpaoverxel.blogspot.com.es/


A FANPA Nos comunica: Taller de acoso escolar con CEAPA

 O 26 de novembro realizaremos un taller sobre acoso escolar con especialistas de CEAPA. O obradoiro vai dirixido a mellorar as habilidades sociais dos nenos de entre 6 a 12 anos, que é o período crítico de formación sobre sociabilidade pero o enfoque novidoso é que as nais e pais traballaran ao seu lado.
A actividade é exclusiva para socios de ANPA de centros públicos federadas.
Aforo limitado para pais (25 prazas ) e nenos (25). A inscrición está aberta desde este momento ata cubrir aforo ou o venres 25 de novembro.

5 de out. de 2016

OBRADOIROS PARA PAIS/NAIS E FILL@S

Alba Bouzon Amoedo:
26 de novembro de 10:30 a 13:30h no pazo da cultura obradoiro de prevención de acoso escolar para familias.
Obradoiros simultáneos para pais/nais e fill@s