18 de set. de 2014

AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR PARA FAMILIAS EN SITUACIÓN PRECARIA



A Federación de ANPA de Pontevedra xunto con CONFAPA Galicia estableceron un acordo de colaboración coa Fundación "la Caixa" para repartir un número limitado de lotes de material escolar entre o alumnado de infantil, primaria e secundaria dos centros públicos que pertencen ás ANPA federadas.


A distribución farase por rigorosa orde de chegada das solicitudes entre as familias que estean en situación precaria.

Tendes toda a información nesta ligazón da FANPA, onde podedes descargar o documento de solicitude.

17 de set. de 2014

PREPARACIÓN DE EXAMES DE INGLÉS DA UNIVERSIDADE DE CAMBRIDGE 2014/15

Continúa aberto o prazo para matricularse nos cursos preparatorios dos exames de inglés da Universidade de Cambridge (certificados K.E.T., P.E.T., F.C.E.) que organiza a Federación Provincial de ANPA de Pontevedra.
 
As clases serán os venres polas tardes.

A cota para os asociados á FANPA é de 38 euros mensuais.

Existe ademáis unha bolsa de libros mediante o sistema de cesión en uso dos libros de texto necesarios para estes cursos.

Tendes toda a información e as fichas de inscrición entrando nesta ligazón